División (matemáticas)
operación aritmética inversa da multiplicación / From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemática, especificamente en aritmética elemental, a división é unha operación aritmética que é a inversa da multiplicación e ás veces pode interpretarse como unha resta repetida.
Noutras palabras, consiste en pescudar cantas veces un número (o divisor) está contido noutro número (o dividendo). Na división de números enteiros ademais do dividendo e o divisor interveñen outros números. Así ao resultado enteiro da división denomínaselle cociente e se a división non é exacta, é dicir, o divisor non está contido un número exacto de veces no dividendo, a operación terá un resto ou residuo, onde:
Que tamén pode expresarse: