Domingo Sanguento (1972)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Domingo Sanguento de 1972, foi unha xornada de incidentes ocorridos en Derry, Irlanda do Norte, o día domingo 30 de xaneiro de 1972. Aquela tarde, máis de 15.000 persoas manifestáronse en contra do internment -unha medida que consistía en encarcerar sen xuízo aos sospeitosos de pertencer ao IRA. A manifestación iniciouse pacificamente, aínda que a tensión respirábase no aire. Un rexemento de paracaidistas, un dos máis duros corpos do Exército Británico, fora enviado a Derry.
Un pequeno grupo de manifestantes, apartado do núcleo principal, comezou a lanzar pedras a unha barricada, tras a que se parapetaban algúns soldados. Estes responderon ao principio con gas, balas de goma e auga a presión. Instantes despois as rúas do Bogside convertéronse nun caos. A xente corría aterrada entre o enxordecedor ruído de disparos con balas verdadeiras. En 20 minutos, 13 corpos sen vida e máis de 30 feridos (un deles morrería meses máis tarde). Nacera a lenda do Domingo Sanguento (Bloody Sunday), coñecida mundialmente pola canción da banda U2 Sunday Bloody Sunday.