Astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Donn Fulton Eisele, nado en Columbus (Ohio) o 23 de xuño de 1930, foi un astronauta estadounidense que participou na misión Apollo 7. Pasou un total de 10,84 días no espazo.[1][2]
Nome orixinal | (en) Donn Fulton Eisele |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xuño de 1930 Columbus, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de decembro de 1987 (57 anos) Toquio, Xapón |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington, Section 3, grave 2503-G-1 38°52′23″N 77°04′22″O |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos Academia Naval dos Estados Unidos (pt) West High School |
Actividade | |
Ocupación | oficial , astronauta , piloto de probas , aviador |
Empregador | NASA, astronauta |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
Rango militar | coronel (pt) |
Tempo no espazo | 10 días, 20 horas e 8 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Eisele graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1952. Foi máster en astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea da Base Wright-Patterson da Forza Aérea en 1960.[1][2]
Durante a súa carreira na Forza Aérea foi enxeñeiro de proxecto e piloto de probas no Centro de Armas Especiais da Forza Aérea na Base Kirtlan da Forza Aérea en Novo México, acumulando máis de 4200 horas de voo.[1][2]
Eisele formou parte do terceiro grupo de astronautas da NASA, constituído en outubro de 1963. O 11 de outubro de 1968 formou parte da misión Apollo 7 como piloto do módulo de mando, xunto con Walter M. Schirra (comandante) e Walter Cunningham (piloto do módulo lunar). Apollo 7 foi a primeira misión orbital tripulada dunha nave Apollo e foi lanzada para probar sistemas e técnicas a usar máis adiante. Eisele tamén foi reserva para o piloto do módulo de mando da misión Apollo 10. Pasou un total de 10,84 días no espazo. En xullo de 1972 retirouse tanto da Forza Aérea como da NASA e pasou a ser director dos Corpos de Paz dos Estados Unidos en Tailandia. Faleceu o 2 de decembro de 1987 durante unha viaxe de negocios a Tokio.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.