Duplicación xénica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha duplicación xénica ou amplificación xénica é unha duplicación dunha rexión do ADN que contén un xene. Cando se produce a repetición dun fragmento máis ou menos grande de cromosoma a continuación do fragmento orixinal adoita a falarse de duplicación cromosómica, termo que tamén pode significar a duplicación de cromosomas enteiros que dobran o seu número no xenoma (ver poliploidía, ploidía e aneuploidía). A duplicación xénica é un mecanismo importante para a xeración de novo material xenético durante a evolución molecular. As duplicacións xénicas poden orixinarse como resultado de varios tipos de erros na replicación do ADN e na maquinaria de reparación ou tamén pola captura fortuíta de elementos xenéticos egoístas. Fontes comúns de duplicacións xénicas son a recombinación homóloga ectópica, episodios de retrotransposición, aneuploidía, poliploidía, e slippage na replicación.[1]