Día festivo
data do calendario en que se conmemora un evento civil ou relixioso / From Wikipedia, the free encyclopedia
O día festivo, ou día feiral, é aquel que non é día laborable, no ámbito laboral, que non é día hábil, no ámbito procesual, podendo ser o domingo (na maioría dos países do mundo), o sábado (nos países influídos pola cultura xudía) ou o venres (nos países influídos pola cultura islámica), ademais doutros días declarados festivos.
Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
Ademais, un día festivo é unha data do calendario que é resaltada de forma especial e habitualmente adoita ser feiral.
Todas as culturas e nacións celebran diferentes eventos durante o ano, en datas específicas de tipo cultural, político ou relixioso. Estas datas son sinaladas polas lexislacións dos países respectivos.
Polo xeral, os días feirais non se consideran para o cómputo dos termos procesuais.