Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
grupo armado galego activo entre 1986 e 1991 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991[1] cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN).[2] O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas. Provocaron tamén danos materiais e persoais, incluíndo nos seus obxectivos entidades bancarias, mais tamén militares, políticos e civís, e multitude de accións de aprovisionamento. Porén, a falta de respaldo social e a oposición ao uso da violencia por parte da sociedade galega, e da maioría do nacionalismo galego, impediu a implantación do terrorismo en Galicia.[3]
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive | |
---|---|
Tipo | organización armada |
Ideoloxía | Independentismo galego e socialismo |
Data de fundación | 1986 |
Data de disolución | 1991 |
Eventos/Actividades | atentado da discoteca Clangor |
Organización relacionada | Assembleia do Povo Unido e Galiza Ceive-OLN |
Persoas relacionadas | Antón Arias Curto, Manuel Chao Dobarro e Josefa Rodríguez Porca |
[ editar datos en Wikidata ] |
Segundo a Policía Nacional, dende 1987 até 1993, o EGPGC matou dúas persoas (un garda civil e unha estudante) e feriu 48.[2]