Unha eclipse ocorre cando o Sol, a Terra e a Lúa se aliñan. Se ese fenómeno ten lugar durante a fase da lúa chea, cando a Lúa pasar pola sombra da Terra, denomínase eclipse de Lúa, ou eclipse lunar. O tipo e a duración da eclipse lunar depende da localización da Lúa en relación á súa órbita. Thumb

Tipos de eclipses lunares

Thumb
Diagrama dunha eclipse lunar
Eclipse de penumbra
a Lúa apenas pasa a través da penumbra da Terra, a porción externa da sombra terreste. A penumbra non provoca un escurecimento perceptíbel da superficie da Lúa.
eclipse lunar total
a Lúa atravesa completamente o interior da umbra da Terra, a parte interna da sombra. A velocidade da Lúa a través da sombra é de cerca de 1 km/s, e unha eclipse total pode durar até 102 minutos (case unha hora e tres cuartos). O período decorrido a partir do momento en que a Lúa ten o primeiro contacto coa umbra da Terra até o momento en que a abandona totalmente, por outro lado, pode durar varias horas. Se só entra na umbra parte da Lúa, chámase eclipse parcial.

A Lúa non fica completamente invisíbel ao ser escurecida pola sombra terreste debido á refracción da luz solar producida pola luz da atmosfera do planeta. A intensidade da luz refractada depende da cantidade de nubes ou poeira existentes na atmosfera, que bloquean o paso da luz. Iso causa na Lúa unha coloración con tons avermellados cuxa intensidade varía dunha eclipse para outra. A escala seguinte foi criada por Andrè Danjon co obxectivo de medir o nivel de escurecmento dunha eclipse lunar:

Thumb
Nodos lunares
0. Eclipse moi escura; Lúa case invisíbel, especialmente en media tonalidade
1. Eclipse escura; cinza ou con coloración marrón; detalles distinguíbeis con dificultade
2. Eclipse vermella intensa ou con coloración ferruxenta, coa parte central da umbra moi escura e co bordo externo da umbra relativamente brillante
3. Eclipse vermella-ladrillo, xeralmente co bordo da umbra brillante ou amarelo
4. Eclipse vermella-cobre, moi brillante ou laranxa, co bordo limiar azulado e moi brillante

Debido á inclinación de cerca de 5° da órbita da Lúa en relación á órbita da Terra ao redor do Sol, as eclipses lunares non acontencen en toda lúa chea. Para que se produza unha eclipe, a Lúa debe estar preto de seu nodo orbital—a intersección dos planos orbitais. Pasar pola sombra ou moi próxima do nodo dá lugar a unha eclipse total ou parcial.

Todo os anos acontecen polo menos dúas eclipses lunares. De coñecer a data dunha eclipse, pódese prever a data en que terán lugar outras eclipses usando os ciclos de eclipses. Ao contrario que nas eclipses solares, que só poden ser observadas desde unha área relativamente pequena da superficie terrestre, unha eclipse lunar pode ser visto desde calquera lugar onde sexa noite no momento en que acontece. De estar no lado da Lúa virado para a Terra durante unha eclipse lunar, veríase unha eclipse solar, coa Terra pasando fronte ao Sol.

Eclipses lunares entre 2003 e 2005

Máis información Data, Tipo ...
DataTipoVisíbel ondeDuración
9 de novembro de 2003TotalAméricas, Europa, África, Asia Central24 min
4 de maio de 2004TotalAmérica do Sur, Europa, África, Asia, Australia1 h 16 min
27 de uutubro de 2004TotalAméricas, Europa, África, Asia Central1 h 21 min
24 de abril de 2005de penumbraAméricas, Australia, Pacífico, Extremo Leste da Asia4 h 10 min (duración da eclipse)
17 de outubro de 2005ParcialCanadá, Australia, Pacífico, Asia58 min (duración da eclipse parcial)
Pechar

Eclipse lunar total máis longo entre 1900 e 2100

Thumb
Eclipse lunar
Máis información Data, Duración da Fase Total ...
DataDuración da Fase Total
16 de xullo de 20001 h 47 m 01 s
6 de xullo de 19821 h 46 m 20 s
27 de xullo de 20181 h 43 m 34 s
26 de xuño de 20291 h 42 m 32 s
4 de agosto de 19061 h 41 m 48 s
7 de xullo de 20471 h 41 m 29 s
25 de xuño de 19641 h 41 m 25 s
26 de xullo de 19531 h 41 m 22 s
28 de xuño de 20011 h 41 m 16 s
15 de xuño de 20111 h 40 m 52 s
16 de xuño de 20761 h 40 m 49 s
15 de xullo de 19351 h 40 m 16 s
6 de agosto de 19711 h 40 m 04 s
Pechar

A eclipse lunar total máis longa entre o ano 1000 a. C. e o 300 d. C. ocorreu o 31 de maio de 318. A fase total tivo unha duración de 1 h 47 m 14 s.

Eclipses lunares na historia

Os astrónomos da Grecia Antiga notaron que durante a eclipse lunar, o bordo da sombra era sempre circular. Concluíron que a Terra podería ser esférica.

Ligazóns externas

Thumb
Predición
Fotos de Eclipses

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.