Edgar Allan Poe - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Edgar Allan Poe.

Edgar Allan Poe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.)
Edgar Allan Poe
Daguerrotipo de Edgar Allan Poe en 1849
Nome completoEdgar Allan Poe
AlcumeEdgar A. Perry
Nacemento19 de xaneiro de 1809
 Boston
Falecemento7 de outubro de 1849
 Baltimore, Maryland
Causavalor descoñecido
SoterradoWestminster Hall and Burying Ground
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaestadounidense
Alma máterUniversidade da Virgínia e Academia Militar dos Estados Unidos
Ocupaciónpoeta, escritor, ensaísta, crítico literario, dramaturgo, xornalista, escritor de ciencia ficción, crime writer, novelista, autor, letrista e teórico literario
PaiDavid Poe Jr.
NaiElizabeth Arnold Poe
CónxuxeVirginia Eliza Clemm Poe
IrmánsWilliam Henry Leonard Poe e Rosalie Poe
Xénerospoesía
Coñecido porO Gato Preto, The Pit and the Pendulum, Os crimes da rúa Morgue, The Oval Portrait, Tell Tale Heart, A narración de Arthur Gordon Pym, O corvo, A carta roubada, O escaravello de ouro, A Queda da Casa de Usher e William Wilson
editar datos en Wikidata ]

Edgar Allan Poe, (/p/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción.[1] Foi o primeiro escritor estadounidense con certa fama en tentar gañarse a vida só coa escritura, pasando por mor disto diversas dificultades económicas na súa vida e carreira profesional.[2]

Traxectoria

Formación e primeira publicación

Os seus pais foron David e Elizabeth Arnold Poe, mais o seu pai abandonounos ó pouco de nacer Edgar. A súa nai morreu en Richmond en 1811. Edgar foi acollido entón por Frances Allan e John Allan. Este nunca adoptou legalmente a Poe, mais si lle deu o seu apelido. As tensións desenvolvéronse posteriormente polas disputas entre John Allan e Edgar por mor das débedas deste último, incluíndo as provocadas polas apostas e os custos da súa educación secundaria. Poe asistíu á Universidade de Virxinia durante un semestre, pero deixou os estudos por falta de cartos. Mantivo un litixio con Allan sobre os cartos para a súa educación e finalmente alistouse no exército en 1827 baixo un nome falso. Foi neste tempo cando comezou a súa carreira literaria, se ben de forma humilde, coa colección anónima Tamerlane and Other Poems, acreditada a "un bostoniano". Coa morte de Frances Allan en 1829, Poe e John Allan reconciliáronse de forma temporal. Poe suspendeu as probas para oficial cadete en West Point, declarando o seu firme desexo de ser poeta e escritor, e finalmente puxo fin á súa relación familiar con John Allan.

Revistas e relatos curtos

En 1831 volve a Baltimore, á casa da súa tía María Clemn. Ese ano desátase a peste en Baltimore. Esta inspiroulle The King Pest (1834) e A Máscara da Morte Bermella (1842). En 1836 casou con Virginia Clemn en segredo. En 1837 trasladouse a Nova York e publicou As aventuras de Arthur Gordon Pym. En 1838 trasladouse a Filadelfia, onde traballou coma axudante de edición na revista Burton's Gentleman's. En 1840 a editorial Lea & Blanchard publica 25 relatos en dous volumes: Tales of the Grotesque and Arabesque. Deixa Burton's Gentleman's e comeza a tentar lanzar a súa propia revista crítica independente. Logo do primeiro fracaso nesa tentativa, entra en Grahan's Magazine.

Éxito

Foi entre os anos 1842-1847 en Nova York cando acadou o seu maior éxito, en particular logo de que o New York Times publicase o seu máis célebre poema: "O corvo". Chega a facerse co Broadway Journal como editor e propietario. En 1847 morre Virxinia, e Poe colapsa no alcohol. Nos derradeiros días de lucidez publica Eureka, un poema en prosa sobre a creación e a evolución do Universo.

Obra

Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa.

Entre as súas obras máis célebres cóntanse:

Notas

  1. Stableford 2003, pp. 18–19.
  2. Meyers 1992, p. 138.

Véxase tamén

Bibliografía

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Edgar Allan Poe
Listen to this article