astrónomo, xeofísico e matemático inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Edmond Halley, nado en Haggerston, Londres, o 8 de novembro de 1656 e finado en Greenwich o 14 de xaneiro de 1742, foi un matemático e astrónomo inglés que, polo seu estudo do Cometa Halley, revelou a natureza periódica dos cometas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1656 (Xuliano) Haggerston (Reino de Inglaterra) |
Morte | 25 de xaneiro de 1742 (85 anos) Greenwich (Reino de Gran Bretaña) |
Lugar de sepultura | St Margaret's, Lee (en) |
2º Astrónomo Real | |
1720 – 1742 ← John Flamsteed (pt) – James Bradley → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra Reino de Gran Bretaña |
Relixión | Deísmo |
Educación | St Paul's School (pt) The Queen's College (pt) Universidade de Oxford |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeofísica, meteoroloxía, demografía, matemático, meteorólogo, físico, astronomía e astrónomo |
Lugar de traballo | Santa Helena (1676–) |
Ocupación | matemático , filósofo , cociñeiro , físico , profesor universitario , cartógrafo , astrónomo , meteorólogo , xeofísico , climatólogo |
Empregador | Observatório Real de Greenwich (pt) |
Membro de | Royal Society (1678–) |
Profesores | John Flamsteed (pt) e Robert Hooke |
Alumnos | James Pound |
Lingua | Lingua latina e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Tooke |
Premios | |
Fillo dun rico fabricante de xabón, xa dende moi novo amosa interese polas matemáticas e a astronomía da man do astrónomo real, John Flamsteed, profesor seu en Oxford. Logo de se graduar viaxa á illa de Santa Helena, coa intención de estudar as estrelas dende o hemisferio sur. En 1678 regresa a Inglaterra e publica Catalogus Stellarum Australium (1679), no que inclúe detalles de 341 estrelas meridionais, e entra na Royal Society.
Un dos seus traballos presentados na Royal Society foi o informe da eclipse total de Sol acontecida o 22 de abril de 1715, que atravesou o centro da Gran Bretaña (Inglaterra e Gales), feito que non acontecía na illa dende había 500 anos, e calculou tamén o diámetro, dirección e velocidade de paso da sombra.
Aplicando a teoría da gravidade de Newton calculou a órbita de varios cometas, descubrindo que a órbita do cometa de 1682 era a mesma que as órbitas dos vistos en 1531 e 1607, chegando á conclusión de que se trataba dun único cometa e que volvería pasar en 1758. Na súa honra déuselle o seu nome a este cometa (1P/Halley). Entre 1698 e 1700 percorreu as costas de África austral, ocupado na teoría do magnetismo terrestre no barco Paramour Pink.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Edmund Halley |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.