Efecto fotoeléctrico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O efecto fotoeléctrico consiste na aparición dunha corrente eléctrica nalgúns materiais ó seren iluminados por radiación electromagnética. A fotoelectricidade foi descuberta e descrita de xeito experimental por Heinrich Hertz en 1887. O efecto fotoeléctrico constituía un misterio na física ata que Albert Einstein, en 1905, baseou a súa explicación a partir dos cuantos (quanta) teorizados por Max Planck. Os paneis solares e as célas fotoeléctricas constitúen algunhas das aplicacións máis coñecidas do efecto fotoeléctrico.