Ekstraklasa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ekstraklasa é a máxima categoría da liga polaca de fútbol. Trátase dunha competición profesional, fundada en 1927. O formato é o habitual nos torneos de liga europeos, sendo 16 os equipos que se enfrontan entre si ó longo de dúas voltas, en cada unha das cales cada equipo ten que se enfrontar cos restantes 15, de xeito que cando remata o campionato cada equipo xogou dous encontros fronte a cada rival, ún como local e outro como visitante.
A competición estivo dominada até finais dos anos 80 polos dous grandes equipos da rexión industrial da Voivodía da Silesia, o Górnik Zabrze e o Ruch Chorzów. Trala caída do réxime comunista no país, o dominito da liga pasou ás mans do Wisła Kraków e do Legia Warszawa, os principais equipos das dúas cidades mais grandes de Polonia.