Elías Querejeta
produtor de cinema español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Elías Querejeta Gárate, nado en Hernani (Guipúscoa) o 27 de outubro de 1934 e finado en Madrid o 9 de xuño de 2013[1], foi un futbolista e produtor de cine vasco. Traballou tamén como guionista e documentalista. Na súa mocidade xogou na Real Sociedad e na Primeira división española. É pai da actriz e directora de cine Gracia Querejeta.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Elías Querejeta Gárate 27 de outubro de 1934 Hernani, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de xuño de 2013 (78 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | Cancro de pulmón | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | produtor de cinema , director de cinema , guionista , futbolista , produtor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Gracia Querejeta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Elías Querejeta Insausti (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Segundo o crítico cinematográfico Gregorio Belinchón, «se alguén se gañou con suor o cualificativo de "O Produtor", o título de gran creador do cine español, e desde logo un dos máis prestixiosos hoxe do cine europeo é Elías Querejeta, [...] o legado de Querejeta é fundamental para entender o que foi o gran cine de autor durante case medio século en Europa, e para que as novas xeracións entendan o importante que é un produtor; como un cineasta como Querejeta empuxou e engrandeceu a carreira de directores como Carlos Saura, Jaime Chávarri, Emilio Martínez Lázaro, Fernando León, Víctor Erice e da súa filla Gracia Querejeta, ademais de apostar no documental cos filmes de Eterio Ortega».[2]