From Wikipedia, the free encyclopedia
El Progreso foi un periódico editado en Pontevedra entre 1907 e 1937.
El Progreso | |
---|---|
Fundación | 1907 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Subtitulado Semanario independiente. Se publica los domingos en Pontevedra, apareceu o 6 de outubro de 1907. Periódico de tendencia católica, defensor do liberalismo, era o órgano de José Boente Sequeiros. O seu fundador e primeiro director foi Isidro Buceta. Dende maio de 1910 o título é unicamente Progreso, eliminado o subtítulo. A partir de xaneiro de 1912 converteuse en diario co subtitulo Diario independente e funciona como voceiro monterista e despois garciprietista.
A partir de 1916 o novo director, Benigno Barros Martínez, iniciou unha campaña contra os riestristas, coincidindo coas disputas entre estes e os monteristas. Simpatizou coas tendencias moderadas do movemento agrarista. Dende 1921 funcionou como voceiro do Partido Reformista de Pontevedra. Na súa última etapa foi dirixido por Roberto Blanco Torres. Entre os seus colaboradores estaba José Carbonell Alsina (que asinaba como J. Cea) e foi redactor xefe, e nos anos da República, Roberto Panero Fernández, que tamén foi redactor.
En xaneiro de 1937 tivo que incluír a lenda franquista como subtítulo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.