Eladio Rodríguez González
lexicógrafo, xornalista e escritor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio (Leiro) o 24 de xullo de 1864 [1] e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente. No ano 2001 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Non confundir con Eladio Rodríguez González (político).
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1864 San Clodio, España |
Morte | 14 de abril de 1949 (84 anos) A Coruña, España |
Presidente Real Academia Galega | |
19 de xuño de 1944 – 15 de outubro de 1944 ← Manuel Casás Fernández – Manuel Casás Fernández → | |
Presidente Real Academia Galega | |
20 de novembro de 1926 – 3 de abril de 1934 ← Francisco Ponte Blanco – Manuel Lugrís Freire → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Partido político | Liga Gallega |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Julio Rodríguez Yordi |
Pechar