From Wikipedia, the free encyclopedia
Elara (ou en grego Ελάρα) é unha lúa irregular de movemento directo do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio Lick no ano 1905[1][2]. É a oitava lúa máis grande de Xúpiter e recibiu o nome da nai do xigante Tityus (o seu pai era Zeus).[5]
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | C. D. Perrine |
Descuberta o | 2 de xaneiro de 1905[1][2] |
Designación alternativa | Xúpiter VII |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 11,740,000 km (0,07810 UA)[3] |
Excentricidade | 0,22[3] |
Período orbital | 259,64 d (0,708 a)[3] |
Inclinación | 26,63° (respecto da eclíptica) 30,66° (respecto do ecuador de Xúpiter)[3] |
Velocidade orbital | 3,27 km/s km/s[3] |
Satélite de | Xúpiter |
Características físicas | |
Raio medio | 43 km[4] |
Área superficial | ~23.200 km2 |
Volume | ~333.000 km3 |
Masa | 8,7 x 1017 kg |
Densidade media | 2,6 g/cm3 asumida[4] |
Gravidade superficial | ~0,031 m/s2 (0,003 g) |
Velocidade de escape | ~0,052 km/s |
Período de rotación | ~0,5 d (12 h) |
Albedo | 0,04[4] |
Temperatura | ~124 K |
Magnitude aparente | 16,3[4] |
Elara non recibiría o seu nome oficialmeete ata o ano 1975; antes desta data era coñecida simplemente coma Xúpiter VII. Foi algunhas veces chamada tamén "Hera"[6] entre os anos 1955 a 1975.
Elara pertence ó grupo de satélites Himalia, estas lúas orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11 e 13 millóns de quilómetros e cunha inclinación aproximada de 27,5°.[3] Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.
En febreiro e marzo do ano 2007, a sonda New Horizons, de viaxe cara Plutón, capturou varias imaxes LORRI a unha distancia duns cinco millóns de quilómetros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.