Eleccións municipais de España de 2007
From Wikipedia, the free encyclopedia
De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), [1], o 27 de maio de 2007 (cuarto domingo de maio) houbo eleccións municipais en España.
Datos rápidos Data, Tipo ...
Eleccións municipais de España de 2007 | |
---|---|
← 2003 2011 → | |
Data | 27 de maio de 2007 |
Tipo | eleccións municipais |
Resultado da votación | |
Pechar
No Real decreto 444/2007, do 2 de abril de 2007, [2] convocáronse estas eleccións para cubrir os seguintes cargos:
- Concelleiros de concellos de poboación igual ou superior a 100 veciños (agás os concellos que adoptasen o réxime de concello aberto).
- Alcaldes ou alcaldesas dos concellos de menos de 100 veciños (e os que adoptasen o réxime de concello aberto).
- Alcaldías parroquiais (ou órgano unipersoal) de entidades con ámbito territorial inferior ao municipal.
O Real Decreto tamén recolle a elección dos deputados das Deputacións de Réxime Común, que terá lugar unha vez celebradas as eleccións municipais mediante a elección indirecta.