From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais de España de agosto de 1872 tiveron lugar o día 24 de devandito mes e ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as terceiras e últimas eleccións convocadas durante o breve reinado de Amadeu I, cando o seu xefe de goberno, Manuel Ruiz Zorrilla, non obtivo maioría suficiente para poder formar goberno.
Eleccións xerais de España de agosto de 1872 | |
---|---|
← 1872 1873 → | |
Data | 24 de agosto de 1872 |
Tipo | Eleccións xerais en España |
Cargo elixido | deputado no Congreso dos Deputados senador de España |
Resultado da votación | |
En total foron elixidos 391 deputados ao Congreso, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Debido ao estalido da Terceira Guerra Carlista, o País Vasco atopábase en estado de insurrección e os carlistas controlaban parte de Aragón, Navarra e a actual Comunidade Valenciana. Así mesmo, os conservadores (que perderan o poder), os republicanos federales intransixentes e os partidarios da Primeira Internacional pediron a abstención.
Os radicais gañaron de novo as eleccións e Ruiz Zorrilla volveu formar goberno. O Presidente do Congreso dos Deputados foi Nicolás María Rivero e o presidente do Senado foi Laureano Figuerola Ballester, ambos radicais. Pero o 11 de febreiro de 1873, Amadeu I abdicou e o Congreso e o Senado, en sesión conxunta, constituíronse en Asemblea Nacional, presidida por Cristino Martos Balbi (ata o 20 de marzo) e despois por Emilio Castelar. Proclamouse a República por 258 votos contra 32, e foi nomeado primeiro presidente Estanislao Figueras, quen convocou novas eleccións para o 10 de maio de 1873.
Partido | Escanos | Líder | ||||
Partido Radical | 274 | Manuel Ruiz Zorrilla | ||||
Partido Republicano Democrático Federal | 78 | Francesc Pi i Margall | ||||
Partido Constitucional | 14 | Práxedes Mateo Sagasta | ||||
Monárquicos afonsinos | 9 | Antonio Cánovas del Castillo | ||||
Carlistas | 3 | |||||
Republicanos unitarios | 2 | |||||
No adscritos | 11 | |||||
Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.