Isoelectroenfoque
From Wikipedia, the free encyclopedia
O isoelectroenfoque[1] (IEF), tamén chamado electroenfoque, enfoque isoeléctrico ou focalización isoeléctrica[2], é unha técnica para separar diferentes moléculas polas diferenzas no seu punto isoeléctrico (pI).[3][4] É un tipo de electroforese en zona, xeralmente realizada a proteínas nun xel, que aproveita o feito de que a carga global que hai sobre a molécula de interese está en función do pH da rexión que a rodea.