Elemento químico
substancia formada por átomos da mesma clase / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un elemento químico, ou soamente elemento, é unha substancia formada por átomos co mesmo número de protóns no núcleo. Este número coñécese como o número atómico do elemento. Por exemplo, todos os átomos con 6 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento químico carbono, mentres que todos os elementos con 92 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento uranio.
Arriba: Táboa periódica dos elementos. Abaixo: Exemplos dalgúns elementos químicos. De esquerda a dereita: hidróxeno, bario, cobre, uranio, bromo e helio. |
Coñécense no mundo millóns de compostos que se atopan de maneira espontánea na Natureza ou que foron credos polo ser humano. Cada un destes compostos é o resultado da combinación de dous ou máis elementos químicos.
Coñécense máis de 112 elementos, 93 dos cales son naturais e o resto artificiais. Algúns son moi comúns e necesarios, como o carbono, o osíxeno ou o hidróxeno. Outros, creados artificialmente en aceleradores de partículas ou en reactores atómicos, son tan raros que só existen durante milésimas de segundo.