Anteigrexa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha anteigrexa[1] ou elizate é unha localidade ou distrito municipal do País Vasco que ten a súa orixe nas comunidades que se organizaban ao redor dunha igrexa e tiñan como órgano de goberno a asemblea de todos os veciños que se organizaba en concello aberto e celebraba no pórtico ou adro da igrexa parroquial.
A orixe desta organización que ten relevo sociopolítico, baséase nos seguintes elementos:
- Existencia dunha igrexa parroquial.
- Institucionalización pública das reunións celebradas.
En Biscaia esta institución básica consolídase cando se crean as Xuntas Xerais, que son as reunións dos representantes dos diferentes elizate dun determinado territorio. Esta institución gozaba dunha moi ampla autonomía respecto dos órganos de goberno do Señorío. Os foros de 1452 e 1526 non inclúen máis que unha moi reducida normativa con respecto ás autoridades dos elizates.