Embrión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nos animais, embrión (do grego ἔμβρυον émbryon, "acabado de nacer", "feto") é un organismo pluricelular que se atopa nas súas primeiras etapas de desenvolvemento. Nos organismos con reprodución sexual, a fusión do espermatozoide e do óvulo no proceso chamado fecundación, determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.
- Para o embrión nas plantas, véxase Embrión (botánica).
Xusto despois da súa formación, o cigoto comeza un proceso de división, o cal produce un incremento do número de células, chamadas blastómeros. Logo diso iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final.
Perante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese.
Ao rematar o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu crecemento até o momento do parto.