Enantiómero
From Wikipedia, the free encyclopedia
En química os enantiómeros (ou isómeros ópticos) son unha clase de estereoisómeros tales que na parella de compostos isómeros un é imaxe especular do outro e non son superpoñibles, de xeito similar ao que ocorre coas dúas mans dunha persoa.[1] A enantiomería é un tipo de estereoisomería. O termo deriva do grego ἐνάντιος, enantios (oposto), e μέρος, meros (parte ou porción). Os compostos enantiopuros son mostras que posúen, dentro dos límites de detección, só unha das dúas moléculas quirais.[2]
Un obxecto quiral e a súa imaxe especular denomínanse tamén enantiomorfos ou formas enantiomorfas. A isomería óptica denomínase tamén enantiomerismo,