Enerxía xeotérmica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A enerxía xeotérmica é a enerxía que se atopa no interior da terra en forma de calor, como resultado da desintegración dos elementos radioactivos e da calor permanente que se orixinou nos primeiros momentos da formación do planeta.
Enerxías renovables |
---|
Biodiésel Biomasa Enerxía xeotérmica Enerxía hidráulica Enerxía solar Enerxía mareomotriz Enerxía undimotriz Enerxía eólica |
A enerxía xeotérmnica manifestase por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, géyseres e fontes termais.
O vapor producido por líquidos quentes naturais en sistemas xeotérmicos é unha alternativa ao que se obten en plantas de enerxía que queiman materia fósil, utilizan a fisión nuclear, ou outros medios.
As perforacións mais modernas nos sistemas xeotérmicos alcanzan reservas de auga e vapor, quentados por magma moito máis profundo, que se atopa ata os 3.000 metros baixo o nivel do mar. O vapor purificase na boca do pozo antes de ser transportado en tubos grandes e illados cara ás turbinas.