Enheduanna
From Wikipedia, the free encyclopedia
Enheduanna (en Sumerio 𒂗𒃶𒌌𒀭𒈾)[1] tamén transliterado como Enheduana, En-hedu-ana e outras variantes,[2] que viviu no século XXIII a.C.,[3] é a poeta máis antiga da que se coñece o seu nome. Era unha alta sacerdotisa da deusa Inanna e da deusa lúa Nanna (Sin). Viviu na cidade-estado sumeria de Ur.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXIII a. C. Imperio acadio |
Morte | século XXIII a. C. |
High priest (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Ur |
País de nacionalidade | Imperio acadio |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poeta , escritora , sacerdotisa |
Lingua | Lingua sumeria e lingua acadia |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Princesa |
Pais | Sargón de Acad e Tashlultum (pt) |
Irmáns | Manishtushu (pt) , Ilaba'is-takal (en) , Rimush (pt) e Shu-Enlil (en) |
As contribucións de Enheduanna á literatura sumeria inclúen varias oracións persoais a Inanna e unha colección de himnos coñecidos como "Himnos do templo sumerio". Algúns outros textos atribúenselle a ela.[5] Isto convértea na primeira persoa autora dun texto da cal se coñece o nome.[6]
Foi a primeira muller coñecida que levou o título de EN, papel de grande importancia política que habitualmente recibían fillas da nobreza.[7] Foi designada para o posto polo seu pai, o rei Sargón de Acad. A súa nai probablemente foi a raíña Tashlultum.[8][9] Enheduanna recibiu o título de Alta Sacerdotisa nun astuto movemento político de Sargón para axudar a asegurarse o poder no sur do seu reino, onde se situaba a cidade de Ur.[10]
Continuaba no seu cargo durante o reinado do seu irmán Rimush cando se viu involucrada nunha lea política, destituída e logo restablecida como alta sacerdotisa. A súa composición "Exaltación de Inanna" ou "nin me šara"[11] detalla a súa expulsión de Ur e posterior restablecemento.[10] Relaciónase con "A maldición de Acad",[12] en que Naram-Sin, baixo o que Enheduanna puido tamén servir, é maldecido e desterrado por Enlil. Trala súa morte, Enheduanna continuou a ser lembrada como unha figura imporante, chegando quizais a un status semidivino.[13]