rama da enxeñaría que estuda as aeronaves From Wikipedia, the free encyclopedia
A enxeñaría aeroespacial[1] é unha rama da enxeñaría que estuda as aeronaves; engloba os ámbitos da actual enxeñaría aeronáutica, relacionada co deseño de sistemas que voan na atmosfera e da enxeñaría espacial, entendendo por esta última aquela que se ocupa do deseño dos vehículos impulsores e dos artefactos que serán colocados no espazo. Mentres que a enxeñaría aeronáutica foi o termo orixinal, o termo máis amplo "aeroespacial" substituíuno no uso.
A enxeñaría aeronáutica consiste na aplicación da tecnoloxía ao deseño, construción ou fabricación e a utilización de artefactos capaces de voar ou aerodinos —principalmente avións ou aeronaves, mísiles e equipos espaciais— e nos aspectos técnicos e científicos da navegación aérea e os instrumentos dos cales se serve esta.
A enxeñaría aeronáutica ocúpase de deseñar e construír as aeroestruturas dos avións e helicópteros tomando en consideración as leis da aerodinámica, os fundamentos da mecánica de fluídos e a enxeñaría estrutural.[2] Ademais encárganse da integración dos elementos motores (alternativos, turboventiladores, turborreactores e turboeixos) nas aeroestruturas para construír a aeronave. Outros campos de actividade dos enxeñeiros aeronáuticos son a construción de aeroportos, o deseño e operación de redes de transporte aeronáutico e a fabricación de equipos e materiais especiais como armamento, satélites ou foguetes espaciais.
Un enxeñeiro aeroespacial encárgase de calcular, deseñar, proxectar, optimizar e modificar equipos e sistemas mecánicos utilizados pola industria aeronáutica e espacial, incluídos os seus procesos de produción ou manufactura, ademais de avaliar, planificar, dirixir, optimizar e executar proxectos de enxeñaría nun contexto multidisciplinario.
Algúns dos elementos que lle competen a esta carreira son:
O fundamento da maioría destes elementos está na matemática teórica como a dinámica de fluídos para a aerodinámica ou as ecuacións de movementos para a dinámica de voo. Pero tamén existe un gran compoñente empírico. Na historia, este compoñente empírico foi derivado das probas con modelos a escala e con prototipos, xa sexan en túneles de vento ou en atmosferas libres. Máis recentemente, os avances en computación permitiron o uso de dinámicas de fluído computarizados para simular o comportamento do fluído, reducindo tempo e gasto en probas no túnel de vento.
Ademais, a enxeñaría aeroespacial presta atención na integración de todos os compoñentes que constitúen un vehículo aeronáutico (subsistemas que inclúen o de poder, comunicacións, o de control térmico, mantemento de vida etcétera) e o seu ciclo de vida (deseño, temperatura, presión, radiación, velocidade e vida útil), así topándose con retos extraordinarios e solucións específicas do dominio de sistemas da enxeñaría aeroespacial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.