Enxeñaría industrial
From Wikipedia, the free encyclopedia
A enxeñería industrial é unha rama da enxeñería que se ocupa do desenvolvemento, mellora, implantación e avaliación de sistemas integrados de xente, diñeiro, coñecementos, información, equipamento, enerxía, materiais e procesos. Tamén trata co deseño de novos prototipos para aforrar diñeiro e facelos mellores. A enxeñería industrial está construída sobre os principios e métodos da análise e síntese da enxeñería e o deseño para especificar, predicir e avaliar os resultados obtidos de tales sistemas. En manufactura esvelta, os enxeñeiros industriais traballan para eliminar desperdicios de todos os recursos.
- Véxase tamén: Enxeñaría.
A enxeñaría industrial está tamén moi vencellada á xestión de operacións, enxeñaría de sistemas ou enxeñaría de manufactura: unha distinción que semella depender do punto de vista ou motivos de quen a use.
No sector do coidado da saúde, por exemplo, os enxeñeiros industriais son coñecidos comunmente como enxeñeiros administradores ou enxeñeiros en sistemas de saúde. O termo industrial prestouse a malentendidos. Mentres que o termo aplica orixinalmente a manufactura, estendeuse a moitos outros sectores de servizos. A enxeñería industrial abarca varios tópicos, tales como: ciencias da administración, xestión de cadeas de subministracións, enxeñería de procesos, investigación de operacións, enxeñería de sistemas, ergonomía, enxeñería de calidade e reenxeñaría de procesos.
Algúns exemplos das aplicacións da enxeñería industrial son: o deseño de novos sistemas de traballo en bancos, as melloras de operacións e urxencias en hospitais, a distribución global de produtos, e a redución e mellora de liñas de espera en bancos, hospitais, parques temáticos e sistemas de tráfico vehicular.
Os enxeñeiros industriais usan comunmente estatística e simuladores informáticos, especialmente simulación de eventos discretos, para a súa análise e avaliación.