Epónimo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un epónimo é un nome derivado dunha persoa que designa un pobo, lugar, concepto ou obxecto de calquera clase.
A eponimia é un costume xa presente en épocas arcaicas, en que non era infrecuente chamar a un período polo gobernante que ocupase o cargo; así, na Atenas clásica os anos levaban o nome do arconte epónimo, e na antiga Roma republicana os anos nomeábanse polos cónsules elixidos para o mesmo.
No Xapón o tempo mídese por eras, que son coincidentes coa duración do reinado dos seus emperadores; así, 2012 equivale ao ano 23 da era Heisei, do emperador Akihito.
Ao longo da historia, designouse o nome de unidades militares polo nome do seu comandante. E hoxe en día é frecuente nas ciencias; aínda que se trascenda do purismo etimolóxico, no presente é frecuente que se use cientificamente a palabra epónimo para designar xa non só a un personaxe, senón a un obxecto ou unha entidade da cal algo, por metonimia, o nome dun científico.[1] En anatomía humana eran frecuentes os epónimos, pero na normativa terminolóxica actual non se recomenda o uso de epónimos (por exemplo, en vez de trompa de Falopio diríase tuba uterina).