En xeomorfoloxía, a epixénese é o fenómeno no curso do cal un río, cando o seu leito é escavado nun manto de rocha branda, entalla un canón na rocha dura subxacente.
A interposición desta nun treito do curso de auga pode ser o resultado dunha antecedencia: a estrutura de rocha dura foi realzada por movementos tectónicos posteriores á instalación do río no terreo brando (correntes subsecuentes).[1]
Noutros casos trátase dun fenómeno de sobreimposición: a estrutura dura existía xa e adquirira a súa forma baixo a rocha branda antes da instalación do río (correntes obsecuentes) .[1]
En derterminadas rexións, debido a este fenómeno, poden quedar ao descuberto, na superficie, terreos antigos pregados que estiveron cubertos por outros máis modernos. A rede fluvial iniciada na cuberta sedimentaria moderna, adaptada á súa estrutura sinxela, termina por escavar os seus vales nas rochas subxacentas máis duras, sen gardar ningunha relación coa estrutura do zócolo. Como a cuberta sedimentaria vai sendo eliminada progresivamente, o zócolo antigo queda descuberto en grandes extensións, e a rede fluvial nel "entallada" denomínase "superposta" ou epixénica.[2]
Nas rexións de estrutura tabular, onde os estratos de rochas sedimentarias quedaron en posición horizontal, os ríos encaixan profundamente en canóns de paredes verticais, cuxo percorrido tortuoso é consecuencia do leito divagante que tiñan na chaira superior antes de iniciar o seu encaixamento epixénico.[3]
Finalmente, pode ocorrer que unha reda fluvial au un río sexa máis antigo que a cadea montañosa que atravesan, que se foi elevando pouco a pouco, a mediada que o río se enxaixaba no macizo monntañoso. Por exemplo, os grandes ríos que cruzan o Himalaia, o Indo e o Brahmaputra, deben seren anteriores ao levantamento desta cordilleira, e foron cortando transversalmente este impoñente macizo montañoso a medida que se elevaba durante parte da era terciaria.[3]
Así mesmo, algunhas gargantas epixénicas dos ríos cantábricos deberon formarse tamén ao mesmo tempo que se producía o levantamento da cordilleira Cantábrica durante o terciario.[4]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.