Ergotismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ergotismo, denominado no uso coloquial como "fogardente", "lume ardente" ou "lume de Santo Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. A orixe máis común está no consumo accidental do cornizó ou caruncho (Claviceps purpurea) que contamina o centeo e, moito menos frecuentemente, a avea, o trigo ou a cebada, e consecuentemente, o pan que se fabrica con estes cereais.
Datos rápidos
Ergotismo | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar