Erg (unidade de exerxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O erg[1] ou ergo[2] é a unidade de medida de enerxía e traballo no sistema de unidades CGS (centímetro-gramo-segundo).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Erg (homónimos).
Trátase dunha unidade utilizada principalmente en Estados Unidos nalgúns campos da enxeñaría, mais considérase anticuada, no sentido de que as medidas usadas actualmente, incluíndo o SI, están orientadas a sistemas MKS (metro-quilogramo-segundo). A unidade de enerxía usada no SI é o joule.
O seu nome provén do grego ergon, que significa "traballo".
Un erg é o traballo que realiza unha forza dunha dina exercida nunha distancia dun centímetro, polo que pode definirse como 1 dyn·cm, ou o que é o mesmo, pola definición de dina, 1 g·cm2/s2.