Erlang
linguaxe de programación / From Wikipedia, the free encyclopedia
A linguaxe Erlang é unha linguaxe de programación concorrente e un sistema de execución que inclúe unha máquina virtual e librerías.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Erlang | |
---|---|
Paradigma | multiparadigma, funcional, reflexiva, concorrente |
Data | 1986 |
Deseñador | Ericsson (Telefonaktiebolaget L. M. Ericsson) |
Última versión | 19.1 |
Tipo de dato | forte, dinámico |
Influído por | Prolog, Smalltalk, PLEX, LISP |
Influíu | F#, Clojure, Rust, Scala, Opa, Reia, Elixir, Dart, Akka |
Licenza | Licenza Apache 2.0 (desde o lanzamento 18.0) |
O subconxunto de programación secuencial de Erlang é un linguaxe funcional, con avaliación estrita, asignación única, e tipado dinámico. Foi deseñado na compañía Ericsson para realizar aplicacións distribuídas, tolerantes a fallos, soft-real-ware e de funcionamento ininterrompido. Proporciona o cambio en quente de código de forma que este pódese cambiar sen parar o sistema. Orixinalmente, Erlang, era unha linguaxe propietaria de Ericsson, pero foi cedido como open source en 1998.
A introdución de Ericsson é, principalmente interpretada pero tamén inclúe un compilador HiPE (só soportado nalgunhas plataformas). A creación e xestión de procesos é trivial en Erlang, mentres que, en moitas linguaxes, os fíos considéranse un apartado complicado e propenso a erros. En Erlang toda concorrencia é explícita.
Erlang recibe o nome de A. K. Erlang. Ás veces pénsase que o nome é unha abreviación de ERicsson LANGuage, debido ao seu uso intensivo en Ericsson. Segundo Bjarne Däcker quen foi o xefe do Computer Science Lab no seu día, esta dualidade é intencional.