Erving Goffman
From Wikipedia, the free encyclopedia
Erving Goffman, nado en Mannville (Alberta) o 11 de xuño de 1922 e finado en Filadelfia o 19 de novembro de 1982, foi un sociólogo, psicólogo social e escritor canadense, considerado por algúns "o sociólogo estadounidense máis influente do século XX".[1] En 2007 foi listado por The Times Higher Education Guide como o sexto autor máis citado en humanidades e ciencias sociais despois de Anthony Giddens, Pierre Bourdieu e Michel Foucault e por diante de Jürgen Habermas. [2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1922 Mannville, Canadá (pt) |
Morte | 19 de novembro de 1982 (60 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
President of the American Sociological Association (en) | |
1982 – 1982 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Chicago - socioloxía (–1953) Universidade de Toronto - grao en Artes (–1945) Universidade de Manitoba (pt) St. John's High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Socioloxía |
Ocupación | sociólogo , escritor de non ficción , antropólogo |
Empregador | Universidade de California en Berkeley Universidade de Pensilvania |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Eviatar Zerubavel (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Gillian Sankoff (pt) (1981–1982) |
Fillos | Alice Goffman |
Premios | |
Goffman foi o 73.º presidente da American Sociological Association. A súa contribución máis coñecida á teoría social foi o estudo da interacción simbólica. Esta tomou a forma de análise dramatúrxica, comezando co seu libro de 1956 The Presentation of Self in Everyday Life. Outras obras de Goffman inclúen Asylums (1961), Stigma (1963), Interaction Ritual (1967), Frame Analysis (1974) e Forms of Talk (1981). As súas principais áreas de estudo abranguen a socioloxía da vida cotiá, a interacción social, a construción social dun mesmo, a organización social (encuadramento da experiencia, e elementos particulares da vida social como a institución social e os estigmas.