From Wikipedia, the free encyclopedia
A Escola Médica Salernitana, Schola Salernitana, ou Escola de Salerno desenvolveuse entre os séculos XI e XIII. Foi o primeiro centro médico sen conexión coa igrexa e é considerada por algúns autores[1] como a primeira universidade europea. Aceptaba mulleres como profesoras e alumnas, e crese que Trótula de Salerno foi profesora de medicina nesta escola.
Para a obtención do título de médico e, por tanto, o dereito de exercicio desta práctica, Roxerio II de Sicilia estableceu un exame de graduación no que se incluían coñecementos de medicina e de cirurxía, o que dalgunha maneira rehabilitaba a especialidade cirúrxica a pesar do activo rexeitamento á esta demostrado pola Igrexa católica e por unha parte do mundo árabe.
Algúns anos despois, en 1224, Frederico II Hohenstaufen reformou o exame para que este fose realizado de forma pública polo equipo de mestres de Salerno, e regulando para a práctica da medicina un período de formación teórico (que incluía cinco anos de medicina e cirurxía) e un período práctico dun ano.[2]
Unha figura de relevancia desta escola foi o monxe Constantino o Africano (1010-1087), médico cartaxinés que recolleu numerosas obras de medicina ao longo das súas viaxes e contribuíu ao desenvolvemento da medicina europea coa tradución do árabe de varios textos da Antigüidade clásica.[3]
O primeiro tratado europeo medieval de cirurxía ten a súa orixe nesta escola, a Practica chirurgiae de Roger Frugardi (1170), obra que se ocupa do tratamento das feridas e dos reumatismos.[4]
Para paliar a ausencia da práctica da disección en cadáveres humanos, Cofón o Mozo escribe en torno ao ano 1150 a súa Anatomía Porci, guía práctica de disección do porco utilizada polos estudantes.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.