Escola galego-castelá
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Escola galego-castelá é o nome que agrupa unha serie de poetas, de finais do século XIV e comezos do XV, que continúan a liña da lírica galego-portuguesa medieval, mais cunha menor calidade tanto literaria como lingüística (pois xa aparecen castelanismos evidentes).
Entre os autores desta escola están Macías o Namorado, o Arcediago de Toro, Alfonso Álvarez de Villasandino, Pero Ferrús, Garci Fernandes de Gerena, Pero Gonçalez de Mendoza, Joan Pimentel, Joan de Merlo ou Pedro da Cunha.
Adoitan darse como límites cronolóxicos desta escola a data do testamento de Pedro, conde de Barcelos (1350), que fai referencia ao Livro das Cantigas, e mais a morte de Xoán II de Castela, en 1454, promotor do Cancionero de Baena.