España
país situado no suroeste de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
España[1] ( pronunciación (axuda · info)), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España[2][3] ( pronunciación (axuda · info)), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Reino de España (es) | |||||||||||||||||||||||
Himno | Marcha Real (1939) | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lema | «Plus Ultra» | ||||||||||||||||||||||
Nomeado en referencia a | Hispania | ||||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Capital | Madrid | ||||||||||||||||||||||
Comunidade autónoma | 17 | ||||||||||||||||||||||
Provincia | 50 | ||||||||||||||||||||||
Cidade autónoma | 2 | ||||||||||||||||||||||
Municipio | 8.124 | ||||||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||
Poboación | 47.415.750 (2021) (93,71 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||
Xentilicio | español, española, españois, españolas | ||||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||||||||||||||||||||
Relixión | aconfesional | ||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||||||||
Superficie | 505.990 km² | ||||||||||||||||||||||
Bañado por | Océano Atlántico, Mar Mediterráneo, Mar Cantábrico e Mar de Alborán | ||||||||||||||||||||||
Punto máis alto | Teide (3.718 m) | ||||||||||||||||||||||
Punto máis baixo | Las Cruces (−107 m) | ||||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||||||||
Cronoloxía 1479: Monarquía Reis Católicos causado por Unión dinástica de Aragón e Castela 1715 (<1715): Casa de Borbón-Anjou causado por Decretos de Nueva Planta, Tratado de Baden 19 de marzo de 1812 ↔ 4 de maio de 1814: Constitución española de 1812 ↔ Estado Liberal 9 de decembro de 1931 ↔ 1 de abril de 1939: Constitución da República Española de 1931 ↔ República 29 de decembro de 1978: Constitución española de 1978 (Transición Española) | |||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Asunción de María Festa Nacional de España (12 de outubro) Día da Constitución de España (6 de decembro) Inmaculada Concepción (8 de decembro) Nadal (25 de decembro) Epifanía (6 de xaneiro) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) | ||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria | ||||||||||||||||||||||
• Monarca | Filipe de Borbón e Grecia (2014–) | ||||||||||||||||||||||
Órgano executivo | Goberno e política de España | ||||||||||||||||||||||
• Presidente | Pedro Sánchez (2018–) | ||||||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Cortes Xerais , | ||||||||||||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Supremo de España | ||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||
PIB nominal | 1.427.380.681.295 $ (2021) | ||||||||||||||||||||||
PIB per cápita | 29.993,06 $ (2019) | ||||||||||||||||||||||
Moeda | euro | ||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .es | ||||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | +34 | ||||||||||||||||||||||
Teléfono de emerxencia | 112, 061 (en) e 091 | ||||||||||||||||||||||
Código de país | ES | ||||||||||||||||||||||
Código NUTS | ES | ||||||||||||||||||||||
Sitio web | administracion.gob.es | ||||||||||||||||||||||
España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.[4]
Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia[5]. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.
De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.[1]
A economía española é a 14ª economía mundial en termos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.[6]
Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.[7]
Orixe da palabra Hispania
O nome de España deriva de Hispania, nome co que os romanos designaban xeograficamente o conxunto da Península Ibérica, termo alternativo ao nome Iberia, preferido polos autores gregos para referirse ao mesmo espazo. Con todo, o feito de que o termo Hispania non é de raíz latina levou á formulación de varias teorías sobre a súa orixe, algunhas delas controvertidas.
«Hispania» provén do fenicio i-spn-ya, un termo cuxo uso está documentado desde o segundo milenio antes de Cristo, en inscricións ugaríticas. Os fenicios constituíron a primeira civilización non ibérica que chegou á península para expandir o seu comercio e que fundou, entre outras, Gadir, a actual Cádiz, a cidade habitada máis antiga de Europa Occidental.[8][9]
Os romanos tomaron a denominación dos vencidos cartaxineses, interpretando o prefixo i como «costa», «illa» ou «terra», con ya co significado de «rexión». O lexema spn, que en fenicio e tamén en hebreo pódese ler como saphan, traduciuse como «coellos» (na realidade damáns, uns animais do tamaño do coello estendidos por África e o Crecente Fértil). Os romanos, xa que logo, déronlle a Hispania o significado de «terra abundante en coellos», un uso recolleito por Cicerón, César, Plinio o Vello, Catón, Tito Livio e, en particular, Catulo, que se refire a Hispania como península cuniculosa (nalgunhas moedas acuñadas na época de Adriano figuraban personificacións de Hispania como unha dama sentada e cun coello aos seus pés), en referencia á vez que viviu na Hispania.
Sobre a orixe fenicia do termo, o historiador e hebraísta Cándido María Trigueros propuxo na Real Academia das Boas Letras de Barcelona en 1767 unha teoría diferente, baseada no feito de que o alfabeto fenicio (do mesmo xeito que o hebreo) carecía de vocais. Así spn (sphan en hebreo e arameo) significaría en fenicio «o norte», unha denominación que tomarían os fenicios ao chegar á Península Ibérica bordeando a costa africana, véndoa ao norte da súa ruta, polo que i-spn-ya sería a «terra do norte». Pola súa banda, segundo Jesús Luis Cunchillos na súa Gramática fenicia elemental (2000), a raíz do termo span é spy, que significa «forxar ou bater metais». Así, i-spn-ya sería a «a terra na que se forxan metais».[10]
Separadamente da teoría de orixe fenicio, que é a máis aceptada malia que o significado preciso do termo segue sendo obxecto de discusións, ao longo da historia propuxéronse diversas hipóteses, baseadas en similitudes aparentes e significados máis ou menos relacionados. A principios da Idade Moderna, Antonio de Nebrija, na liña de Isidoro de Sevilla, propuxo a súa orixe autóctona como deformación da palabra ibérica Hispalis, que significaría a cidade de occidente[11] e que, ao ser Hispalis a cidade principal da península, os fenicios, e, posteriormente os romanos deron o seu nome a todo o seu territorio.[12] Posteriormente, Juan Antonio Moguel propuxo no século XIX que o termo Hispania podería provir da palabra éuscara Izpania que viría significar que parte o mar ao estar composta polas voces iz e pania ou bania que significa «dividir» ou «partir».[13] A este respecto, Miguel de Unamuno declarou en 1902: «A única dificultade que atopo [...] é que, segundo algúns paisanos meus, o nome España deriva do vascuence 'ezpaña', beizo, aludindo á posición que ten a nosa península en Europa».[14] Outras hipóteses supoñían que tanto Hispalis como Hispania eran derivacións dos nomes de dous reis lendarios de España, Hispalo e o seu fillo Hispano ou Hispan, fillo e neto respectivamente de Hércules.[15]
Evolución da Hispania a España
A partir do período visigodo, o termo Hispania, ata entón usado xeograficamente, comezou a empregarse tamén cunha connotación política, como mostra o uso da expresión Laus Hispaniae para describir a historia dos pobos da península nas crónicas de Isidoro de Sevilla.
«Ti es, oh España, sagrada e nai sempre feliz de príncipes e de pobos, a máis fermosa de todas as terras que se estenden desde o Occidente ata a India. Ti, por dereito, es agora a raíña de todas as provincias, de quen reciben prestadas as súas luces non só o ocaso, senón tamén o Oriente. Ti es o honor e o ornamento do orbe e a máis ilustre porción da terra, na cal grandemente gózase e esplendidamente florece a gloriosa fecundidade da nación goda. Con xustiza enriqueceuche e foi contigo máis indulxente a natureza coa abundancia de todas as cousas creadas, ti es rica en froitos, en uvas copiosa, en colleitas alegre... Ti áchaste situada na rexión máis grata do mundo, nin che abrasas no ardor tropical do sol, nin che entumecen rigores glaciais, senón que, cinguida por temperada zona do ceo, nútreste de felices e brandos céfiros... E por iso, con razón, hai tempo que a áurea Roma, cabeza das xentes, desexouche e, aínda que o mesmo poder romano, primeiro vencedor, posuír, con todo, ao fin, a florecente nación dos godos, logo de innumerables vitorias en todo o orbe, con empeño conquistouche e amouche e ata agora gózache segura entre ínfulas rexias e copiosos tesouros en seguridade e felicidade de imperio.»Historia de los Godos, Vándalos y Suevos de san Isidoro de Sevilla, século VI-VII. Trad. de Rodríguez Alonso, 1975, León, pp. 169 y 171.[16]
A palabra «España» deriva foneticamente de HĬSPANĬA, de xeito regular a través á palatalización do /n/ en /ñ/ ante iode latina -A, a perda do H- inicial (que se dá en latín tardío) e a abertura do Ĭ en posición inicial a /e/. Con todo, España non pode considerarse a tradución ao español da palabra latina Hispania, xa que o uso moderno designa unha extensión diferente.
Uso histórico do termo
Uso do termo España ata a Idade Media
A evolución da palabra España é acorde con outros usos culturais. Ata o Renacemento os topónimos que facían referencia a territorios nacionais e rexionais eran relativamente inestables, tanto desde o punto de vista semántico como do da súa precisa delimitación xeográfica. Así, nos tempos dos romanos «Hispania» correspondía ao territorio que ocupaban na península, Baleares e, no século III, parte do norte de África (a Mauritania Tingitana, que se incluíu no ano 285 na diocese Hispaniarum).
No dominio visigodo, o rei Leovixildo, tras unificar a maior parte do territorio da España peninsular a fins do s. VI, titúlase rei de Gallaecia, Hispania e Narbonensis. Santo Isidoro narra a procura da unidade peninsular, finalmente culminada no reinado de Suintila na primeira metade do s. VII e fálase da nai España. Na súa obra Historia Gothorum, Suintila aparece como o primeiro rei de «Totius Spaniae». O prólogo da mesma obra é o coñecido De laude Spaniae (A respecto da gabanza a España).
Nos tempos do rei Mauregato foi composto o himno O Dei Verbum no que se cualifica ao apóstolo como dourada cabeza refulxente de «Ispaniae» («Oh, vere digne sanctior apostole caput refulgens aureum Ispaniae, tutorque nobis et patronus vernulus»).[17]
Coa invasión musulmá o nome de Spania ou España transformouse en اسبانيا, Isbāniyā. O uso da palabra España segue resultando inestable, dependendo de quen o use e en que circunstancias. Algunhas crónicas e outros documentos da alta Idade Media designan exclusivamente con ese nome (España ou Spania) ao territorio dominado polos musulmáns. Así, Afonso I o Batallador (1104–1134) di nos seus documentos que «El reina en Pamplona, Aragón, Sobrarbe e Ribagorza», e cando en 1126 fai unha expedición ata Málaga dinos que «foi ás terras de España». Pero xa a partir dos últimos anos do século XII xeneralízase novamente o uso do nome de España para toda a península, sexa de musulmáns ou de cristiáns. Así se fala dos cinco reinos de España: Granada (musulmán), León con Castela, Navarra, Portugal e coroa de Aragón (cristiáns).
Identificación coas coroas de Castela e Aragón
A medida que avanza a reconquista varios reis proclamáronse príncipes de España, tratando de reflectir a importancia dos seus reinos na península.[18] Trala unión dinástica de Castela e Aragón, comézase a usar nestes dous reinos o nome de España para referirse a ambos, circunstancia que, polo demais, non tiña nada de innovadora; así, xa en documentos dos anos 1124 e 1125, con motivo da expedición militar de Afonso I de Aragón por Andalucía, referíanse ao Batallador -que unificara os reinos de Castela e Aragón tralo seu matrimonio con Urraca I- cos termos «reinando en España» ou reinando «en toda a terra de cristiáns e sarracenos de España».[19]
Evolución independente do xentilicio
O xentilicio «español» evolucionou de forma distinta ao que cabería esperar (cabería esperar algo similar a «hispánico»). Existen varias teorías sobre como xurdiu o propio xentilicio «español»; segundo unha delas, o sufixo «-ol» é característico das linguas romances provenzais e pouco frecuente nas linguas romances faladas entón na península, polo que considera que sería importado a partir do século IX co desenvolvemento do fenómeno das peregrinacións medievais a Santiago de Compostela, polos numerosos visitantes francos que percorreron a península, favorecendo que co tempo se divulgase a adaptación do nome latino hispani a partir do «espagnol», «espanyol», «espannol», «espanhol», «español» etc. (as grafías gn, nh e ny, ademais de nn, e a súa abreviatura ñ, representaban o mesmo fonema) con que eles designaban os cristiáns da antiga Hispania. Posteriormente, sería o labor de divulgación das elites formadas o que promoveu o uso de «español» e «españois»: a palabra «españois» aparece vinte e catro veces no cartulario da catedral de Huesca, manuscrito de 1139-1221[20], mentres que na Estoria de España, redactada entre 1260 e 1274 por iniciativa de Afonso X o Sabio, empregouse exclusivamente o xentilicio «españois».[21]