Esperanza (psicoloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A esperanza é un estado de ánimo optimista baseado na expectativa de resultados favorables relacionados a eventos ou circunstancias da propia vida ou o mundo no seu conxunto.[1] Outras definicións de ter esperanza inclúen os seguintes termos: «esperar confiado» e «abrigar un desexo con anticipación».[2] Existen tamén enfoques na área educativa que incorporan o concepto de pedagoxía da esperanza, Paulo Freire refírese a esta como unha necesidade ontolóxica, o que nos move, o que nos marca unha dirección.[3]