Espiral de Arquímedes
From Wikipedia, the free encyclopedia
A espiral de Arquímedes (tamén espiral aritmética) obtivo o seu nome do matemático grego Arquímedes, quen viviu no século III a. C. Defínese como o lugar xeométrico dun punto que se move a velocidade constante sobre unha recta que xira sobre un punto de orixe fixa a velocidade angular constante. De maneira equivalente, en coordenadas polares (r, θ) a espiral de Arquímedes pode ser descrita pola seguinte ecuación:
sendo a e b números reais. Cando o parámetro a cambia, a espiral desprázase no eixo X, mentres que b controla a distancia entre xiros sucesivos.
Arquímedes describiu esta espiral no seu libro Das Espirais.