Estación da Coruña
estación ferroviaria / From Wikipedia, the free encyclopedia
A estación da Coruña, tamén coñecida como A Coruña–San Cristovo, é a principal estación de ferrocarril da cidade da Coruña. É de carácter terminal e dela parten servizos de media distancia a todas as cidades galegas e de longa distancia a varios puntos da península. Está chamada a ser a futura estación intermodal da cidade[1][2].
A Coruña | |
---|---|
Exterior da estación | |
Situación | Avenida do Ferrocarril, 2 15007 A Coruña |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | Avant, MD, Rexional |
Intermodalidade | |
Bus | 5, 11, 14, 20, 22 |
Taxi | Si |
Alugueiro de coches | Si |
Alugueiro de bicis | Si |
Na rede | |
www.adif.es |
O edificio principal, acabado en 1935, é obra de Antonio Gascué Echeverría e insírese no estilo neorrománico. Presenta unha fasquía senlleira dentro da arquitectura ferroviaria española, se ben garda semellanza coa Estación Central de Helsinqui, construída no modernismo nórdico.
A estación está situada na avenida do Ferrocarril[3] xunto á rolda de Outeiro, no barrio dos Mallos-Estación[4], relativamente apartada do centro urbano. Hai outra estación na cidade, a de San Diego, adicada ao tráfico de mercadorías.