Estación de París-Austerlitz
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Estación de París - Austerlitz (Gare de Paris-Austerlitz ou Paris- Austerlitz) é unha das seis grandes estacións terminais da SNCF na cidade de París, situada no nº85 do Quai d'Austerlitz no 13º distrito, xunto á beira do río Sena (na súa marxe esquerda, á dereita e máis ou menos enfronte queda a Gare de Lyon). A estación é cabeceira da liña clásica París-Bordeus e da liña París-Limoges-Tolosa.
Desde a posta en servizo da LGV Atlantique esta estación perdeu a maior parte do tráfico de grandes liñas co suroeste de Francia. A estación é usada máis nada que pola metade de viaxeiros que a estación de Montparnasse, con todo, a profunda remodelación que se prevé para 2011 debería cambiala de forma que estivese preparada para a chegada do TGV para 2012.
Ademais da estación termo, agrúpanse baixo o nome de Gare d'Austerlitz unha estación subterránea da Liña RER C e unha estación semisubterránea de metro.