Estación de Cidade Real
estación de ferrocarril en Cidade Real, provincia de Cidade Real / From Wikipedia, the free encyclopedia
A estación de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real), tamén coñecida como Ciudad Real-Central, é unha estación de tren situada da cidade de Cidade Real, en Castela-A Mancha. Construíuse no ano 1991 entrando en funcionamento ao ano seguinte coa inauguración do tren de Alta Velocidade Española (AVE) entre Madrid e Sevilla con parada en Cidade Real e Córdoba.
Datos rápidos Ciudad Real-Central, Situación ...
Ciudad Real-Central | |
---|---|
Estación Central de Cidade Real. | |
Situación | Cidade Real |
Liñas | |
Alta velocidade | |
Longa Distancia | Longa distancia |
Media distancia | Media distancia |
Pechar
Actualmente supón un importante nó de comunicacións ferroviario con conexión á alta velocidade, trens de longo percorrido, media distancia e proximidades. Realizando traxectos cara a Levante (Alacant, Barcelona), Badaxoz, Málaga e outras localidades do sur peninsular.