Estación de Cornes
estación de ferrocarril en Conxo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cornes foi a estación de viaxeiros de Santiago de Compostela até a inauguración da actual terminal en 1943[1].
Cornes (clausurada) | |
---|---|
Antiga fachada do predio de viaxeiros cara ás vías, logo da súa reconversión en Casa das Asociacións. | |
Situación | Rúa Manuel Beiras, 3 15703 Santiago de Compostela |
Coa súa apertura en 1873, converteuse nunha das dúas cabeceiras da primeira liña de ferrocarril galega: Conxo-O Carril.[2] Foi construída no desparecido termo municipal de Conxo, o que motivou que o consistorio santiagués perseguise a anexión deste territorio.[3]
Coa apertura do traxecto Santiago - A Coruña da liña Zamora - A Coruña en 1943, RENFE estrearía tamén unha nova estación pasante, onde confluiría a nova liña procedente de Ourense - Empalme coa Santiago - Redondela, ficando Cornes así relegada a terminal de mercadorías durante varias décadas até o seu progresivo abandono.[4]
En 2009, xa coa praia de vías levantada desde había anos e reurbanizada, o antigo predio principal da estación de Cornes reabría como Casa das Asociacións, acubillando actividades veciñais e dependencias municipais.[5]