Estación de Sela - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Estación de Sela.

Estación de Sela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°05′32″N 08°21′22″O / 42.09222, -8.35611

Sela
Estación de Sela
SituaciónArbo
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Sela é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Sela, no concello de Arbo, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 114,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 50 metros de altitude, entre as estacións de Arbo e As Neves.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 25 de decembro de 1881 coa aperta do tramo Arbo-As Neves da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2]A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Estación de Sela
Listen to this article