Estación de ferrocarril
instalación ferroviaria con vías onde chegan e desde a que parten trens con pasaxeiros ou mercadoría / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha estación ferroviaria ou estación de ferrocarril é unha instalación ferroviaria con vías á que poden chegar e desde a que se poden expedir trens. Componse de varias vías, con desvíos entre elas, e delimítase por sinais de entrada e saída. Adicionalmente son un punto de acceso ao ferrocarril de pasaxeiros e mercancías, aínda que non é unha condición indispensable para ser unha estación.
Adoitan comporse de plataformas xunto ás vías e un edificio de viaxeiros con servizos como venda de billetes e sala de espera.