Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro
estadio de fútbol en Santiago de Compostela / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro,[1][2][3] coñecido ata 2018 como Estadio Multiúsos de San Lázaro, é un estadio situado no barrio de San Lázaro, na cidade de Santiago de Compostela. Nel caben 16.666 persoas, e as súas dimensións son 105 x 68 metros. Leva o nome da futbolista compostelá Verónica Boquete.[1]
Non confundir con Estadio Municipal de San Lázaro.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Lázaro.
Datos rápidos Datos, Localización ...
Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro | |
---|---|
Exterior do estadio. | |
Datos | |
Localización | Santiago de Compostela |
Construción | |
Inauguración | 24 de xuño de 1993 |
Arquitecto | Andrés Fernández-Albalat Lois |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105x68 |
Capacidade | 16.666 |
Propietario | Concello de Santiago de Compostela |
Localía | SD Compostela (1993–presente) SD Ciudad de Santiago (2006–2009) |
Pechar
Na actualidade é o feudo local do SD Compostela. Nas súas instalacións teñen as súas sedes a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o departamento de Deportes do Concello de Santiago, a Delegación local de Fútbol, a Federación Galega de Baloncesto, a Federación galega de Caza, a Escudería Compostela, o Comité local de árbitros de Fútbol e o Moto Club Compostela.