Estadio Olímpico de Londres
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio Olímpico de Londres é un recinto deportivo da capital británica, sito no barrio de Stratford. A súa construción comezou o 22 de maio de 2008 e foi inaugurado o 5 de maio de 2012. O estadio naceu coa misión de ser a sede principal dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Londres 2012, acollendo as probas de atletismo, así como as cerimonias de apertura e clausura.
Datos rápidos Olímpico de Londres, Datos ...
Olímpico de Londres | |
---|---|
Datos | |
Localización | Londres, Reino Unido |
Construción | |
Inauguración | 2012 |
Arquitecto | Populous |
Custo | 537 millóns de libras |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 80.000 |
Eventos | |
Pechar
Tralos eventos olímpicos, o estadio sufrirá unha reforma para reducir a súa capacidade dende os 80.000 asentos ós 60.000, e está previsto que o West Ham United pase a xogar nel os seus encontros de fútbol como local.[1] O 11 de novembro de 2011 a IAAF anunciou que o Estadio Olímpico de Londres acollerá en 2017 a 16ª edición do Campionato do Mundo de Atletismo.[2]