From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo Fernández de Castro foi un nobre galego que desempeñou o cargo de Pertegueiro maior de Santiago a finais do século XIII.
Nome orixinal | (es) Esteban Fernández de Castro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XIII Reino de Galicia |
Morte | Despois de 1291 Coroa de Castela |
Pertegueiro maior de Santiago | |
Adiantado maior do reino de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Castela |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata , militar |
Familia | |
Familia | Casa de Castro |
Cónxuxe | Aldonza Rodríguez de León |
Fillos | Fernando Rodrigues de Castro |
Pais | Fernán Gutiérrez de Castro e Milia Iñiguez de Mendoza (en) |
Descoñécese a data do seu nacemento. Estevo foi fillo de Fernando Gutiérrez de Castro e de Milia Íñiguez de Mendoza, neto por parte paterna de Gutierre Rodríguez de Castro e Elvira Osorio, e por parte materna de Íñigo López de Mendoza, señor de Llodio. Tivo varios irmáns, entre outros, Andrés Fernández de Castro, pertegueiro maior de Santiago e adiantado maior de Galicia, e de Urraca Fernández de Castro.
En 1272 tomou parte, xunto ao infante Felipe e outros magnates, na revolta nobiliaria contra Afonso X de Castela. Antes de que a rebelión estalase, comezou a manifestarse no desacato que algúns ricohomes, entre os que se atopaba o infante Felipe, manifestaron cara ao rei, pois se negaron a acudir a Sevilla coas súas tropas para socorrer ao infante Fernando de la Cerda, que combatía aos musulmáns. O rei de Granada, así como o sultán dos benimerines, achábanse implicados na caonxura, a fin de debilitar ao soberano castelán.[1] Nas Cortes de Burgos de 1272 Afonso X , que se aveu a negociar cos nobres, autorizou o matrimonio de Estevo Fernández de Castro con Aldonza, filla de Rodrigo Alfonso e neta do rei Afonso IX de León, que era ademais curmá do rei.
Tralas Cortes de Burgos de 1272, nas que parecía que o soberano castelán alcanzaría un acordo cos magnates sublevados, rompéronse as negociacións e os magnates sublevados contra o rei de Castela, entre os que se contaba Estevo Fernández de Castro, partiron cara ao reino de Granada, onde foron acollidos con todos os honores polo rei Muhammad I de Granada, logo de asinar un acordo con el en Sabiote no que os nobres asinantes comprometéronse co soberano granadino a prestarse axuda mutuamente contra Afonso X, ata que o rei accedese ás súas demandas. Antes de dirixirse a Granada, os magnates saquearon o territorio, roubando gando e devastando algúns territorios, malia que o rei lles enviou mensaxeiros, portando cartas nas que se recordaba aos sublevados os favores que recibiran do rei, así como a súa traizón ao incumprir os seus compromisos como vasalos co soberano.[2]
A finais de 1272, o rei Afonso X tivo coñecemento de que o seu irmán o infante Felipe, negociaba secretamente co rei de Navarra a fin de que este se involucrase nunha guerra contra o reino de Castela e León. Entre os involucrados nas negociacións co soberano navarro achábase Estevo Pérez de Castro, que reprochaba ao rei a súa negativa a entregarlle á súa esposa, Aldonza que se achaba retida polo rei, e que reclamaba o cargo de adiantado maior de Galicia, que desempeñara desde o ano 1266.[3]
A comezos de 1273 achándose na cidade de Toledo, Afonso X o Sabio renovou as negociacións cos magnates sublevados e accedeu á maioría das súas demandas, entre as que se contaba a que facía Estevo Fernández de Castro, que reclamaba os 3000 marabedís da soldada de Martín Alfonso de León, fillo ilexítimo de Afonso IX.
En 1273 desapareceu o cargo de adiantado maior de Galicia, que desempeñaba Estevo Fernández de Castro, quen en 1276 foi nomeado pertegueiro maior de Santiago e, dous anos despois, meiriño maior de Galicia.[4]
En 1282, Estevo Fernández de Castro, que durante a guerra civil castelá apoiou ao bando do infante Sancho, que loitaba contra o seu pai Afonso X, foi recompensado polo infante Sancho, o cal fíxolle entrega das rendas derivadas do arrendamento de tres anos das terzas dos bispados de Zamora, Salamanca, Ciudad Rodrigo e Coria.[3]
Faleceu logo de xuño de 1291, pois nese ano outorgou unha carta de arras, en nome do seu fillo Fernando, a favor de Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima do rei Sancho IV o Bravo e esposa do seu fillo.[lower-alpha 1][5]
Casou con Aldonza, filla de Rodrigo Alfonso de León e neta do rei Afonso IX. Froito do seu matrimonio naceu un fillo:[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.