Estrutura terciaria das proteínas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo estrutura terciaria das proteínas utilízase para referirse á forma xeométrica das proteína. A estrutura terciaria presenta unha soa cadea polipeptídica na cal pode haber partes ou dominios proteicos con distintas estruturas secundarias. A estrutura terciaria está estabilizada por enlaces e interaccións de diversos tipos entre as cadeas laterais dos aminoácidos da proteína, que poden ser pontes disulfuro covalentes entre cisteínas, interaccións iónicas, hidrófobas, de Van der Waals e pontes de hidróxeno. A estrutura terciaria das proteínas está definida polas súas coordenadas atómicas. Estas coordenadas poden referirse a un dominio proteico ou á estrutura terciaria da proteína completa.[1][2] Varias cadeas polipeptídicas, cada unha coa súa estrutura terciaria, poden pregarse xuntas formando unha proteína con estrutura cuaternaria.[3]