A ethernet ou estándar IEEE 802.3 determina a forma de envío e recepción nun medio físico compartido que se comporta como bus lóxico, independentemente da súa configuración física. Orixinalmente foi deseñada para enviar datos a 10Mbps, aínda que posteriormente foi mellorada para que funcionase a 100Mbps, 1Gbps ou 10Gbps e xa se está traballando en futuras versións a 40Gbps e a 100Gbps.

Nas versión de 10Mbps a 1Gbps utiliza o protocolo de aceso ao medio CSMA/CD (acceso múltiple con detección portadora e detección de colisións). Actualmente Ethernet é a estándar máis utilizada nas rede locais ou LAN.

As redes Ethernet son de carácter non determinista, na que os host poden transmitir en calquera momento. Antes de envialos escoitan o medio de transmisión para determinar se se atopa en uso. Se o está, entón esperan. No caso contrario, os host comezan a transmitir. No caso de que dous o máis hosts comecen a transmitir tramas á vez produciranse encontróns ou choques entre tramas diferentes que queiran pasar polo mesmo sitio á vez. Este fenómeno denomínase colisión e á porción dos medios de rede onde se producen denomínase dominio de colisión.

  • Tecnoloxías Ethernet máis comúns e máis importantes:
  • Ethernet 10Base2.
  • Ethernet 10Base5.
  • Ethernet 10Base-T.
  • Ethernet 10Base-FX.
  • Fast Ethernet.

Formato de trama Ethernet

Máis información Trama Ethernet ...
Trama Ethernet
Cabeceira
Ethernet
Cabeceira IP
(20 bytes)
Cabeceira TCP
(20 bytes)
DatosChecksum
Ethernet
Pechar
  • Preámbulo:
Patrón duns (1) e ceros (0) que indica as estacións receptoras que unha trama é Ethernet
IEEE 802.3
  • Inicio de trama:
Byte delimitador que serve para sincronizar as porcións de recepción de trama de todas as estacións da rede. Este campo especifícase explicitamente en Ethernet.
  • Enderezos destino e orixe:
Inclúe os enderezos físicos (MAC) únicas da máquina que envía a trama e da máquina destino. O enderezo orixe sempre é un enderezo único, mentres que o de destino pode ser de broadcast único (trama enviada a unha única máquina), de broadcast múltiple (trama enviada a un grupo) ou de broadcast (trama enviada a todos os nodos).
  • Tipo:
Especifica o protocolo de capa superior que recibe os datos que segue ese campo.
  • Datos:
Inclúe os datos enviados na trama.
  • Secuencia de verificación de trama:
Contén un valor de verificación CRC (Control de Redundancia Cíclica) de 4 bytes, creado polo dispositivo emisor e recalculado polo dispositivo receptor para verificar a existencia de tramas danadas.
Máis información Campos da trama Ethernet ...
Campos da trama Ethernet
PreámbuloInicio de
delimitador de
trama
Enderezo
destino
Enderezo
orixe
TipoDatosSecuencia de verificación
de trama
 ?1 byte6 bytes6 bytes2 bytes46-1500 bytes4 bytes
Pechar

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.