Etnografía
estudo dos pobos e das comunidades / From Wikipedia, the free encyclopedia
A etnografía (do grego ethnos (έθνος) - "tribo, pobo", grapho (γράφειν) - "eu escribo"; literalmente "descrición dos pobos") é un método de investigación da antropoloxía. Consiste na compilación de datos no terreo e tendo como informantes aos integrantes dunha comunidade dada. Os datos recolleitos consisten na descrición pormenorizada dos seus costumes, crenzas, mitos, xenealoxías, historia etc. Dita información obtense maiormente por medio de longas entrevistas con membros da comunidade ou informantes claves delas.