Eugenio Fernández Quintanilla
arquitecto español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Eugenio Fernández Quintanilla, nado en Arnuero, Cantabria en 1887 e finado en Madrid o 30 de maio de 1932, foi un arquitecto español que desenvolveu a súa obra en Santander e Madrid.[1] Tamén foi arquitecto do Corpo Municipal de Bombeiros de Madrid, xefe da Sección de Urbanismo do Concello de Madrid e presidente da Asociación de Arquitectos de España. En 1932 concedéuselle a Medalla ao Mérito no Traballo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 Arnuero, España |
Morte | 30 de maio de 1932 (44/45 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables |
Xunto á maioría dos arquitectos cántabros da época foi seguidor da arquitectura rexionalista ideada por Leonardo Rucabado, como se pode apreciar na súa maior obra arquitectónica, a Casa de Correos de Santander. Esta obra foi ideada xunto a Secundino Zuazo, con todo, foi Fernández Quintanilla quen se encargou de dirixir as obras. Con Zuazo colaborou no polémico concurso para a construción da sede do Círculo de Bellas Artes de Madrid, sendo un dos proxectos con mellor valoración, aínda que finalmente non foi elixido. Tamén deseñaron xuntos varios edificios da Gran Vía de Madrid, que fora creada había pouco tempo.